Desbotadas as derrogacións das reformas laborais
A derrogación da reforma laboral, que foi un dos principais compromisos de Pedro Sánchez nos últimos meses, fica desbotada e o Executivo xa traballa en correccións parciais. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 301.
No entanto, menos de vinte días despois da censura que desaloxou Mariano Raxoi da Moncloa, Sánchez xa deixou claro que non ten vontade de impulsar a derrogación e, traizoando o prometido, limitarase a unha modificación puntual dalgúns dos seus aspectos. Alega Sánchez que non conta con maioría suficiente para botar abaixo a reforma, mais non explica por que razón declina nin tan sequera formular esa iniciativa en sede parlamentar.
Non é a única rectificación. O novo Executivo español tamén desiste de promover un novo Estatuto dos Traballadores, e a súa axenda lexislativa en materia laboral limitarase a impulsar unha lei en contra da fenda salarial entre mulleres e homes. Destarte, Sánchez confirma que a súa aposta no que atinxe ás políticas estruturais, de calado, é a de dar unha continuidade matizada ás desenvolvidas polo Partido Popular.
[Se queres ler toda a peza, podes facelo no número 301 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]