A CXT advirte que Renfe vulnerou o dereito á folga

Despois de catro días de folga, a representación sindical constata que as mobilizacións permitiron implantar na opinión pública a necesidade de “máis contratación e novos trens e menos inversión en infraestrutura”.
concentracion CGT por folga de Renfe en Madrir en abril
photo_camera [Imaxe CXT] Concentracion da CXT diante da sede de Renfe en Madrid.

“Os servizos mínimos decretados polo Ministerio de Fomento conseguiron reducir con dureza o dereito constitucional e fundamental de folga do persoal de Renfe. Un desempeño de difícil axuste nunha democracia que vai máis en consonancia coa chamada Lei mordaza do anterior goberno do PP que dun partido político que se di respectuoso e garante dos dereitos democráticos”, di a CXT nun comunicado de valoración das catro xornadas de folga, e anota que a empresa consentiu servizos mínimos co 100% do persoal en varios servizos e estacións.

Doutra banda, o sindicato considera que as mobilizacións serviron para evidenciar ás carencias e necesidade dos servizos ferroviarios actuais, e reclama máis dotación de persoal, incorporación de novos trens e melloras na atención aos usuarios; mentres insiste en que o investimento en infraestruturas debe reducirse.

Comentarios