SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO

Os contratos laborais no sector de axuda a domicilio non poden ser inferiores a 25 horas

O Alto Tribunal rexeita os recursos das empresas Clece e Eulen e ratifica as sentenzas previas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que xa son firmes.

Dependencia

O Tribunal Supremo dálle a razón a Comisións Obreiras (CCOO) no seu litixio contra dúas das principais empresas do sector de axuda a domicilio na Galiza, Eulen e Clece. O Alto Tribunal rexeita os recursos das demandadas e ratifica as sentenzas previas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), que agora xa son firmes. Por esta razón, Eulen e Clece deberán actualizar os salarios consonte o IPC real e non poderán formalizar contratos inferiores ás 25 horas semanais.

Na sentenza de unificación de doutrina 1362/2018, o TS obriga Clece “e o resto do sector de axuda a domicilio”, aclara o sindicato, a estabelecer por contrato unha xornada mínima de 25 horas semanais. Con esta sentenza na man, “xa non existe dúbida ningunha: os contratos cunha duración inferior son ilegais”, apunta Sergio López, secretario xeral da Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galiza, sindicato maioritario no sector.

Comentarios