A cara B do AVE: mortos e precariedade
Un novo sinistro nas obras do AVE na Galiza deixaba a finais de novembro un operario ferido grave. Os 242 quilómetros construídos até o de agora desta infraestrutura no noso país custaron a morte de 7 traballadores e ducias de accidentes graves. Por que este índice tan alto? Respondémolo no Sermos Galiza 276.
A finais de novembro un sinistro no tramo Laza-Cerdedelo das obras de alta velocidade deixaba un operario ferido de gravidade. A CIG denunciaba as condicións nas que desenvolven as obras, alertaba da falla de seguridade e pedía poñer o foco sobre unhas condicións que non dubidaba en cualificar de “terceiromundistas”.
Plácido Valencia ocupa desde hai apenas unhas semanas a secretaría nacional da federación da Construción da CIG, o sindicato máis belixerante contra a ‘cara escura’ das obras do AVE. Para Valencia, hai un “entramado descontrolado” de UTE (unións temporais de empresas) e firmas subcontratadas que constitúen un verdadeiro “cóctel pernicioso” para a seguridade laboral e dereitos laborais.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 276, á venda na loxa e nos quiosques habituais]