Denuncian ameazas e coaccións no aeroporto de Lavacolla para evitar que o persoal secunde a folga
O comité de folga responsabiliza o director do aeroporto de presións para evitar o paro. Segunda xornada de greve na terminal da capital da Galiza. Os sindicatos falan dun seguimento "masivo" embora os altos servizos mínimos fixados.
“Presións, ameazas e coaccións” por parte do director do aeroporto Lavacolla- Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, para evitar que os traballadores e traballadoras secunden a segunda xornada de paro. Denúnciao o comité de folga, que afirma que esta nova xornada de greve rexistrou un seguimento “masivo” embora estas presións e os elevados os servizos mínimos.
“Restauración, Correos, limpeza, servizos de atención a viaxeiras das compañías, papelerías, embalaxes de maletas... e até persoal de autobuses Freire en folga no eroporto de Compostela”, informan desde a CIG nas redes sociais.
Un 30% das mil empregadas e empregados do principal aeroporto galego non chegan aos 500 euros de salario.
É a segunda xornada dun paro histórico, porque éa primeira vez que todas as empresas dun aeroporto do Estado se unen para facer folga. “Unha folga xeral no aeroporto de tres días, o 13, o 20 e o 27”, anunciaba hai unas semanas Pablo De Prado, representante do comité de empresa en Aena. Pablo é coordinador de programación na compañía que xestiona o aeródromo, a primeira operadora do mundo en número de pasaxeiros.
“Non é xusto que outros compañeiros teñan que utilizar o mesmo servizo que utiliza o público, con prezos máis altos cos que tiñan até hoxe”, sinala De Prado. No aparcadoiro tamén hai diferencias. Os de Aena e os de Enaire -a parte de Aena que se ocupa do control aéreo- gozan da gratuidade do servizo; o resto deben pagar entre 20 e 25 euros por día. “Se agora quedan tamén sen cantina, o gasto subiría moito, porque tampouco teñen a opción de saír e buscar un menú barato: abandonar o recinto durante a xornada considerase abandono do posto de traballo”.
Un 30% das mil empregadas e empregados do principal aeroporto galego non chegan aos 500 euros de salario.