A Deputación da Coruña organiza un foro sobre incendios forestais

Un dos incendios orixinados en Melón o pasado verán (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Tal como informou a institución, a xornada estará conducida polo xornalista Manuel Campo Vidal e comezará a partir das 09.30 horas.

A Deputación da Coruña organizará a vindeira terza feira 13 de decembro, xunto con Next Education e a European Climate Fundation, o foro 'A secuela dos incendios forestais', que terá lugar no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Concello de Culleredo.

Tal como informou a institución, a xornada estará conducida polo xornalista Manuel Campo Vidal e comezará a partir das 09.30 horas.

A súa inauguración correrá a cargo do presidente da Deputación, Valentín González Formoso e do alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo.

A programación

A programación inclúe diferentes relatos sobre temas como a importancia da transición ecolóxica para loitar contra os incendios.

Tamén se dará voz aos territorios afectados polas vagas de incendios deste verán, como Boiro ou o Barco de Valdeorras, con intervencións dos seus respectivos alcaldes.

Ademais, falarase das posíbeis solucións e da importancia da prevención e da loita contra o despoboamento fronte aos fogos.

A xornada fechará tras analizar o papel das institucións.