A xustiza tomba a denuncia da empresa propietaria de San Finx contra Ecoloxistas en Acción

Concentración de Ecoloxistas en Acción ante os xulgados de Noia (Foto: Ecoloxistas en Acción).
Tanto a Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx como Ecoloxistas en Acción insistiran desde un inicio que se trataba dunha “denuncia totalmente falsa e infundada con afán intimidatorio, coa que a mineira pretendía silenciar as protestas como parte dunha campaña de acoso xudicial”.

Despois de que a semana pasada compareceran ante os Xulgados de Noia os representantes de Tungsten (empresa propietaria da mina San Finx) para ratificar unha denuncia contra a asociación Ecoloxistas en Acción por un acto de protesta simbólico realizado o pasado 5 de xullo, a xuíza instrutora acordou mediante un auto o sobresemento da causa e o arquivo das actuacións ao non acreditar existencia de ningún feito delitivo.

Tanto a Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx como Ecoloxistas en Acción insistiran desde un inicio que se trataba dunha “denuncia totalmente falsa e infundada con afán intimidatorio, coa que a mineira pretendía silenciar as protestas como parte dunha campaña de acoso xudicial”.

Ante as preguntas da xuíza e do avogado de Ecoloxistas en Acción, Juan Manuel López, o representante de Tungsten “acabou por recoñecer que na acción de protesta non se producira ningún tipo de dano material e que, por tanto, non cabía reclamar indemnización”. Mesmo así, a empresa “negouse a retirar a denuncia como lle exixiu o letrado da defensa”, indican desde a organización ambientalista.

No acto simbólico realizado en xullo taponárase durante breves instantes o tubo a través do que a empresa realiza vertidos ilegais. Precisamente a raíz desta protesta e dos escritos remitidos a Augas da Galiza por ese colectivo e a Plataforma, vén de se iniciar un procedemento sancionador que podería carrexar unha sanción de ata 300.000 euros á empresa, despois de comprobarse que os niveis de cadmio no río a poucos metros

"Non é a primeira vez"

“Esta non é a primeira vez que Tungsten interpón denuncias falsas contra organizacións ecoloxistas, pois xa en 2017 tentara intimidar outros colectivos que expuxeran irregularidades da empresa mineira”, aseveran desde Ecoloxistas en Acción.

O “uso sistemático e abusivo das denuncias como estratexia para meter medo” provocou que esta organización presentara queixa ante a relatora especial das Nacións Unidas sobre a situación das persoas defensoras de dereitos humanos, a irlandesa Mary Lawlor, que "abriu unha investigación ao respecto".