Xustiza e Sociedade urxe a suspensión do traslado de Villares e outros maxistrados: "A Xustiza non pode quedar exposta a presións externas"

A Asociación Xustiza e Sociedade da Galiza advertiu de que o traslado "forzoso" de varios maxistrados constitúe "un dos episodios máis preocupantes contra a independencia xudicial nos últimos anos", apuntando a que a reorganización da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG "desmantela unha unidade xudicial altamente especializada".

O maxistrado Luís Villares. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
O maxistrado Luís Villares. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Comentarios