A xustiza investiga o derrubo no Marisquiño como delito de lesións imprudentes

vigo marisquiño pasarela

O xulgado de Instrucción nº3 de Vigo, en funcións de garda cando se produciu o desplome de parte do paseo no Marisquiño, fíxose cargo da investigación aberta para esclarecer os motivos do afundimento do peirao e as eventuais responsabilidades que se poidan derivar destes feitos.

 

"As dilixencias previas incoadas tras recibir un oficio dando conta do sucedido e un informe fotográfico elaborado pola Policía Nacional, séguense por un presunto delito de lesións imprudentes, sen prexuízo de ulteriores cualificacións ao longo da instrución. Para unha mellor e máis áxil tramitación da causa, o xulgado decidiu que se abra unha peza separada por cada un dos prexudicados".

 

 

A xuíza acordou que tanto policía científica como xudicial realicen as tarefas necesarias para o esclarecemento dos feitos. Entre estas dilixencias atópase a realización de periciais e solicitar diferente documentación de Concello e Porto, así como do organizador do evento, en especial sobre o plan de seguridade.

 

BNG e EN Marea

 

 

O deputado nacionalista, Luís Bará sinalou que o sinistro do Marisquiño mostrou a grande solidariedade da xente e a profesionalidade dos corpos de seguridade, bombeiros e persoal  sanitario mais tamén “comprobamos as decisións equivocadas das diferentes administracións que conduciron a un accidente con máis de 400 persoas afectadas. Resulta un lamentable espectáculo o enfrontamento” entre Concello e Porto.

 

 

Para o BNG, afirmou, é fundamental aclarar o estado da infraestrutura onde se produciu o sinistro cando existían denuncias previas do sector do mar sobre a estrutura.

 

Alexandra Fernández (EN Marea) rexistrou unha petición no Congreso para que a presidenta de Portos do Estado, María Ornella, compareza ante a Comisión de Fomento do Congreso do Deputados para responder sobre o afundimento do peirao de Vigo durante a celebración do Marisquiño. “Denunciamos a lamentable imaxe que deron ao longo do día de onte o PP e o PSOE, utilizando as institucións como feudos partidarios”.