A Xustiza envía a prisión comunicada e sen fianza o detido polo asasinato machista da Coruña

Xornalistas xunto ao edificio no que residía a vítima. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
O home, de 48 anos, foi arrestado en Madrid na noite da quinta feira. Esta a ser investigado como presunto autor da morte da súa parella, unha muller de 52 anos, no barrio coruñés do Birloque. Este sábado miles de persoas concentráronse en 35 vilas galegas en repulsa polo que se considera o primeiro feminicidio do ano na Galiza.

O xulgado de garda da Coruña vén de decretar prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home de 48 anos detido como presunto asasino da súa parella, unha muller de 52 na Coruña.

Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ao arrestado atribúeselle un delito de homicidio doloso cos agravantes de aleivosía e asañamento.

O suposto autor do crime mantiña desde facía uns meses unha relación coa vítima, cuxo cadáver achou o seu fillo con feridas de arma branca no seu domicilio da rúa Juan Darriba, no barrio coruñés de O Birloque, na noite da cuarta feira.

O varón xa tiña antecedentes por violencia de xénero en relación a outras dúas mulleres, pero non constaban denuncias previas por parte da vítima deste suceso, tal e como confirmou a Subdelegación do Goberno español na Coruña.

O presunto responsable deste asasinato machista, o primeiro en Galicia en 2021, foi detido a última hora da quinta feira en Madrid despois de que se iniciase un dispositivo de procura.

Foi trasladado ás dependencias da Policía Nacional en Lonzas, na Coruña, onde permaneceu á espera de pasar a disposición xudicial este domingo. Está previsto que hoxe todas as dixilencias e actuaciones practicadas se remitan ao Xulgado de Violencia sobre a Muller da cidade.

Á entrada aos xulgados este domingo, o fiscal Luis Anguita afirmou ante os medios que o caso é "un delicto contra a vida de extrema gravidade", un crime "que non se pode consentir nunha sociedade como esta".

A la entrada de los juzgados, el fiscal Luis Anguita ha expresado ante los medios que se trata de "un delito contra la vida de extrema gravedad" que "no se puede consentir en una sociedad como esta".

O xa considerado feminicidio polas autoridades provocou unha profunda repulsa na sociedade galega, que onte amosou o seu malestar nas rúas de 35 localidades. A Marcha Mundial das Mulleres, que foi unha das organizacións que convocou as concentracións, fixo a lectura dun manifesto no que incidiu no papel que deben xogar as administracións para loitar contra a violencia de xénero.