A xustiza avala a sanción contra o bombeiro que rexeitou desafiuzar a Aurelia Rey

O xulgado do contencioso-administrativo da Coruña ratificou a multa de 600 euros imposta a Roberto Rivas por "alteración da seguridade cidadá".

 

O bombeiro que se negou a facer parte do despexo de Aurelia Rey deberá pagar unha multa de 600 euros por negarse a abrir a porta da morada de Aurelia Rey. Así o acordou o xulgado do contencioso-administrativo da Coruña após desestimar o recurso presentado por Roberto Rivas. 

Segundo o tribunal, o comportamento do bombeiro ao denegar auxilio á comisión xudicial enviada até a morada de Aurelia Rey para proceder ao lanzamento da súa vivenda, constituíu unha "alteración da seguridade cidadá". 

De esta maneira o xulgado nº 4 avala a sanción imposta pola Subdelegación do Goberno español e obrígao a afrontar unha multa de 600 euros. 

Na vista oral do proceso xudicial contra Rivas, este bombeiro asegurou que a súa decisión "non foi algo premeditado" senón que o fixo porque "os bombeiros non debemos realizar estas funcións". Segundo o traballador, rexeitar facer parte do desafiuzamento de Aurelia Rey foi un acto de "desobediencia civil" para "combater a violencia legal na que vivimos". "Eu non cometín ningún delito", concluíu.