A xustiza absolve Nicanor da sanción imposta pola Subdelegación do Goberno

Nicanor Acosta

Fora multado con 600 euros por un suposto delito de alteración da orde pública nas protestas contra o despexo de Aurelia Rey na Coruña. 

 

O activista Nicanor Acosta foi absolto esta sexta feira (23 de outubro) pola xuíza do Xulgado Contencioso-Administrativo nº4 da Coruña do suposto delito de alteración da orde pública que lle atribuía a Subdelegación do Goberno español no marco das mobilizacións para frear o despexo de Aurelia Rey. 

Acosta, que foi xulgado o pasado 13 de outubro, fora sancionado con 600 euros ao consideralo responsábel de "provocar reaccións que alteran a orde pública". A xustiza absólveo agora de todo cargo.