A Xunta 'viste' coa bandeira de España o edificio de San Caetano

Bandeira española na fachada de San Caetano (Nós Diario)
A bandeira de España apareceu proxectada esta segunda feira, véspera do Día da Hispanidade, na fachada do edificio administrativo de San Caetano.

A fachada principal do edificio administrativo da Xunta en San Caetano converteuse na noita desta segunda feira nunha bandeira xigante de España. 

Na véspera do 12 de outubro, a Xunta decidiu proxectar na sede administrativa do Executivo galego as cores e o escudo da bandeira do Estado español. 

Non é a primeira vez que o fai, xa que adoita ser costume nos últimos anos. E non só na véspera, tamén na noite do propio Día da Hispanidade. 

Nesta ocasión, o Executivo de Núñez Feixoo rende tributo ao Estado español desde a súa sede, máis non acude aos actos tradicionais que se celebran con motivo desta festividade en Madrid. 

Desta vez, o presidente da Xunta, ao igual que fixeron os de Euskadi, Catalunya e Castela-A Mancha, decidiu ausentarse da cita. 

Feixoo decidiu non acudir aos actos polo Día da Hispanidade en Madrid para preparar o debate sobre o estado da nación

Segundo explicou Feixoo, o motivo deste desprante é a inminente celebración do debate sobre o estado da nación, que se celebra a partir desta cuarta feira no Parlamento.