A fachada principal do edificio administrativo da Xunta en San Caetano converteuse na noita desta segunda feira nunha bandeira xigante de España.
Na véspera do 12 de outubro, a Xunta decidiu proxectar na sede administrativa do Executivo galego as cores e o escudo da bandeira do Estado español.
Non é a primeira vez que o fai, xa que adoita ser costume nos últimos anos. E non só na véspera, tamén na noite do propio Día da Hispanidade.
Nesta ocasión, o Executivo de Núñez Feixoo rende tributo ao Estado español desde a súa sede, máis non acude aos actos tradicionais que se celebran con motivo desta festividade en Madrid.
Desta vez, o presidente da Xunta, ao igual que fixeron os de Euskadi, Catalunya e Castela-A Mancha, decidiu ausentarse da cita.
Feixoo decidiu non acudir aos actos polo Día da Hispanidade en Madrid para preparar o debate sobre o estado da nación
Segundo explicou Feixoo, o motivo deste desprante é a inminente celebración do debate sobre o estado da nación, que se celebra a partir desta cuarta feira no Parlamento.