A Xunta suspende as aulas en concellos do interior por nevaradas

[Imaxe: Carme Fiaño] Neve en Curtis

A Xunta de Galiza, a través da Comisión Escolar de Alertas, informa da suspensión de toda actividade docente na segunda feira, 15 de febreiro, en determinados concellos de comarcas do interior do país. Espéranse nevaradas que acadarán os 30 centímetros.

Os centros de ensino situados en determinados concellos de comarcas do interior de país non abrirán esta segunda feira, 15 de febreiro, debido ás nevaradas previstas. Segundo Meteogalicia a neve acadará os 30 céntimetros.

Neste contexto, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender toda actividade docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica das comarcas do interior.

Ademais, no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopen os centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores e directoras poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse nesta ligazón.