A Xunta rexeita impacto ambiental pola renovación tecnolóxica do parque eólico Pena Galluda, na Laracha

Polígono eólico de Pena Galluda, na Laracha, comarca de Bergantiños (Foto: Engasa)

O Executivo galego estima que “non son previsíbeis efectos adversos significativos sobre o medio ambiente”

A Consellaría de Medio Ambiente descartou a posibilidade de impacto ambiental pola renovación tecnolóxica no polígono eólico Pena Galluda, na Laracha (Bergantiños), polo que non considera necesario someter o proxecto á avaliación ordinaria relativa ao citado impacto.

Segundo publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) esta sexta feira, 18 de agosto, no citado informe conclúese que "non son previsíbeis efectos adversos significativos sobre o medio ambiente" e, por tanto, non se considera necesario "someter o proxecto á avaliación de impacto ambiental ordinaria".

Con todo, sinala que o informe recolleito no DOG emítese "sen prexuízo da obrigación do promotor de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixíeis".

Por outra banda, lembra que o informe de impacto ambiental "non será obxecto de recurso algún, sen prexuízo dos que, no seu caso, procedan en vía administrativa ou xudicial fronte o acto, no seu caso, de autorización do proxecto".

En concreto, trátase dunha actuación promovida por Vento Laracha e por renovación tecnolóxica, segundo precisa o citado informe e recolle a resolución do Diario Oficial de Galicia.