A Xunta renova a autorización ambiental a Elnosa

Imaxe de GZContrainfo

A Consellería de Medio Ambiente concedeu esta segunda feira a autorización ambiental integrada (AAI) a Elnosa  para poder iniciar o proxecto de reconversión na súa planta de Lourizánco fin de poder seguir producindo cloro sen o uso de mercurio. A Xunta dá á empresa un prazo máximo dun mes para completar a retirada da totalidade do mercurio almacenado na súa factoría pontevedresa.

 

A decisión prodúcese apenas días despois de que centos de persoas, convocadas pola Asociación en defensa da Ría de Pontevedra, se manifestasen contra esa autorización. En declaracións aos meios, Antón Masa, presidente da ADRP, afirmou que Elnosa debe abandonar a Ría e debe facelo non só porque ese é o desexo maioritario da sociedade pontevedresa, mais tamén porque é a opción máis racional e máis axustada á legalidade.