A Xunta reducirá a cabida na hostalaría se o TSXG non autoriza o certificado Covid

Varias persoas nunha terraza de Vigo (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).

Hostalaría e pubs poderán pasar a ponte sen certificado covid mais haberá peches a terza feira se non hai aval do TSXG

O Goberno galego ratifica nas resolucións do Diario Oficial de Galiza que a hostalaría e o lecer nocturno estarán exentos polo momento de pedir o certificado Covid despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) decretase que non ten vixencia ao non ser solicitada autorización xudicial previa.

En todo caso, fontes da Xunta trasladaron a Europa  Press que hai un plan ' b' a través dunha orde de medidas específicas que, se non hai antes unha autorización do TSXG -a Fiscalía valida a petición da Administración galega-, a terza feira haberá un axuste de  capacidade na hostalaría e mesmo o peche de establecementos nos municipios cun nivel máis elevado de incidencia do virus.

Axustaríase a capacidade no interior da hostalería do nivel máximo, pasando do 30% con certificado ao seu peche. No caso do nivel alto pasaría dunha cabida do 50% con certificado a 30% sen certificado

En concreto, axustaríase a capacidade no interior da hostalería do nivel máximo, pasando do 30% con certificado ao seu peche. No caso do nivel alto pasaría dunha cabida do 50% con certificado a 30% sen certificado.

No caso do lecer nocturno, o aforo no interior dos niveis medio e medio baixo modificaríanse do 50% con certificado ao 30% sen certificado.

O obxectivo do Goberno galego é, segundo apuntan, que estas medidas específicas decaian no caso de que o TSXG lle autorice (antes da terza feira, día 17) a esixir o certificado Covid nas circunstancias nas que se pedía ata o momento: acceder a interiores de hostalería en niveis alto e máximo; e entrar en locais de lecer nocturno en niveis medio e baixo.