A Xunta propón como festivos para 2026 o 19 de marzo, o 24 de xuño e o 25 de xullo
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego propón como festivos propios da Galiza para 2026 os días 19 de marzo (San Xosé), o 24 de xuño (San Xoán) e o 25 de xullo (Día da Patria).
Segundo explicou esta segunda feira en rolda de prensa, así o acordou o Consello da Xunta, que deu o visto e prace ao calendario laboral de 2026. Agora deberá remitirllo ao Consello Galego de Relacións Laborais, que se encargará de darlle a aprobación e visto e prace definitivo.
Apuntou que, dado que o 1 de novembro e o 6 de decembro caen en domingo, propoñen substituílos polo día 19 de marzo e o día 24 de xuño.
Entre os outros tres festivos estatais que se poden cambiar por parte da Comunidade Autonómica, a Xunta propón conservar o 6 de xaneiro, día de Reis, e o Xoves Santo, e entre o 25 de xullo e o 19 de marzo, quedar co 25 de xullo para escoller o 19 de marzo como se explicou anteriormente.