A Xunta para definitivamente a mina de Corcoesto (mais mantén a porta aberta a ducias dos seus 'clons')

Corcoesto

Unha resolución da Dirección Xeral de Industria denega o proxecto de explotación de Edwater para a mina de Corcoesto por mor da presión social.Porén, alertan ambientalistas, ducias de Corcoestos son aínda posíbeis co plano da minaría da Xunta.

Unha resolución da Dirección Xeral de Industria con data 11 de marzo denega o proxecto de explotación de Edwater para a mina de Corcoesto Isto, sosteñen desde colectivos veciñais ou ambientalistas como Adega “supón unha vitoria histórica da cidadanía galega na defensa dos seus dereiros ambientais e sociais”. 

Neste sentido,a masiva resposta social fronte á megaminaría contaminante está no cerne, apuntan, de que a administración autonómica tivese que optar por paralizar ese proxecto. “O rexeitamento do proxecto de Corcoesto, malia a ser un importante revés para a multinacional mineira, non significa que vaia abandonar os seus planos para explotar o ouro galego (pretende facerse con 18 concesións), nen sequera nas concesións da mina de Corcoesto das que dispón até o 2064” lembran desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.

Alertas

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños agradece a todas as persoas e colectivos, asociacións, entidades, sindicatos e partidos políticos que “a apoiaron nesta loita e que fixeron visible a grave ameaza que este proxecto supoñía para a Comarca de Bergantiños”.

Aliás, advirteque se manterá vixiante ante calquera ameaza doutros proxectos mineiros que poidan presentarse na zona afectada.