A Xunta fecha por un mes a mobilidade e a hostalaría en 60% da Galiza

Desde a media noite de mañá, 6 de novembro, a actividade da hostalería queda suspendida nas sete cidades e noutros 53 municipios. É unha das medidas acordadas polo Goberno galego para tratar de reverter o empeoramento da situación epidemiolóxica na Galiza, que abeira xa os 10.000 casos activos e supera os 950 falecementos. As restricións inclúen limitación da mobilidade neses 60 concellos e outras actuacións para reducir a actividade á esencial. A oposición reclama axudas para os sectores máis afectados, reforzos sanitarios e máis contundencia ante a evolución da pandemia.
Feixoo anuncia novas restricións, feche da hostalaría (Europa Press)
photo_camera Feixoo anuncia novas restricións, feche da hostalaría (Europa Press)
Comentarios