A xuíza do caso Baltar cita como investigado o xefe de persoal da Deputación de Ourense

Xulgados de Ourense [Imaxe Fernando Alda]

José Luís Suárez, alcalde de Monterrei, está imputado por un suposto caso de suborno e tráfico de influencias. 

O caso contra José Manuel Baltar por acoso sexual a unha veciña de Ourense á que tería ofrecido un posto de traballo a cambio de manteren relacións sexuais amplíase. A xuíza instrutora vén de citar en calidade de investigado o xefe de persoal da Deputación de Ourense por un presunto delito de tráfico de influencias e suborno. 

José Luís Suárez, alcalde tamén da localidade de Monterrei, deberá comparecer no xulgado o 12 de maio ás 12.30 horas segundo avanzou o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) recollido por Europa Press.