O xuíz ordena liberdade provisoria e sen fianza para Willy Toledo

Imaxe facebook CTXT

O actor negouse a declarar e o seu avogado afirma que a Policía non lle permitiu falar co seu cliente.

 

Willy Toledo quedou en liberdade provisoria sen fianza e ninguna medida cautelar após declarar esta quinta feira no xulgado de instrucción nº11 de Madrid, polas denuncias de Avogados Cristianos e Fiscalía por un presunto delito de“ofensa aos sentimentos relixiosos. O maxistrado terá que decidir agora se abre un xuízo oral contra o actor, detido pola Policía esta cuarta feira.

 

"Seguireime cagando en deus mentres eles violen crianzas"

 

O acto, unha vez fóra do xulgado, mostrouse convencido de que non cometera delito ningún e recoñeceu que na vista negárase a declarar, limitándose a ratificar un escrito que xa presentou o seu abogado perante o xuíz no que pide que a causa contra el sexa arquivada.“Paréceme terceiromundista que neste país aínda existan cinco artigos do Código Penal refrentes a ofensas aos sentimentos relixiosos”, manifestou.

 

O abogado do actor, Endika Zulueta, denunciou que na madrugada desta quinta feira non se lle permitiu falar co seu cliente, detido nunha comisaría madrileña: “É inaudito”, dixo.