Detido Willy Toledo

“Detéñenme. Fodéusenos a festa” escribiu o actor nas redes sociais.

O actor Willy Toledo vén de ser detido pola Policía española en Madrid esta cuarta feira, segundo confirmou o seu avogado, Endika Zulueta. “Detéñenme. Fodéusenos a festa. Imos aló. Poloniaaaa” escribiu Toledo nas redes sociais no momento da detención.

 

O xulgado de Instrución número 11 de Madrid ordenara a pasada semana a detención do actor por non acudir a declarar a raíz dunha denuncia presentada pola Asociación española de avogados cristiáns.

 

Esta organización considerou que o actor aldraxaba os seus sentimentos relixiosos ao escribir un texto de apoio á ‘Santa Irmandade da Cona Insubmisa’ na que se “cagaba no dogma da santidade”.