Xa dispoñíbeis os convites para a II Galega de medios en galego

As persoas interesadas poden recollelas na Alcaldía do Concello de Pontevedra e no Museo de Pontevedra en horario de mañán, así como na Libraría Paz, na Rúa Peregrina

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA), da que forma parte Sermos Galiza, lembra a todas as persoas interesadas en asistir á II Gala dos Medios en galego, que este sábado decorre en Pontevedra, que é necesario recoller as invitacións para asistir a este evento. Os convites estarán dispoñíbeis, até completar o aforo, na Alcaldía do Concello de Pontevedra e no Museo de Pontevedra en horario de mañá. Tamén están a disposición  na Libraría Paz, na Rúa Peregrina.

 

O Pazo da Cultura pontevedrés acolle este sábado, 2 de febreiro, a II Gala dos Medios en Galego. Un acto que abre os actos do Día dos Medios en Galego, unha xornada que quere poñer en valor os medios de comunicación que utilizan o noso idioma. Tamén se conmemora o nacemento da primeira publicación en língua galega, O tío Marcos da Portela, que en 1876 soubo conectar coas preocupacións da xente humilde.

 

A gala comezará ás 12 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Un evento que contará coa presenza do actor e humorista Touriñán, así como a música de Ugia Pedreira. Estarán representantes da Asociación CedofeitaAnxos Sobriño, de Cotenol, e Kiko da Silva, en representación do eido da banda deseñada, entre outros. O evento, en que tamén participa o deputado responsábel da área de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, -que na presentación da gala salientou o "fundamental" apoio das administracións aos medios en galego para dar, asegurou, "unha situación de normalidade"- pecharase coas intervencións de secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.