Volve a calor. Galiza rexistrará unha suba das temperaturas, principalmente na zona oeste

Unha muller cun abano en Pontevedra durante esta vaga de calor (Foto: Elena Fernández / Europa Press).
A AEMET sinala a probabilidade de brumas e bancos de néboa matinais dispersos no interior da Galiza que poderían ser persistentes na Mariña.

Unha ducia de provincias terá esta terza feira, 15 de agosto, risco por temperaturas máximas altas de 36 a 39 graos centígrados (ºC) ou por fenómenos costeiros, grazas ao descenso térmico xeneralizado dos termómetros, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). No caso da Galiza, rexistrarase unha subida de temperaturas na zona oeste.

A AEMET sinala a probabilidade de brumas e bancos de néboa matinais dispersos no interior da Galiza que poderían ser persistentes na Mariña.

No relativo aos ventos, na Galiza predominará o vento de norte; na área mediterránea soprarán do leste; do oeste na vertente atlántica e do nordeste na Cantábrica.

Resto do Estado

Noutras partes do Estado o risco por calor afectará Xaén, Granada e Córdoba, que alcanzarán 39ºC; a Málaga e Madrid, que chegarán a 38ºC, así como a Mallorca, Xirona, Zaragoza, Albacete, Cuenca que oscilarán entre os 35 e os 37ºC. Ademais, a AEMET destaca que as temperaturas nocturnas tamén serán moi altas en Mallorca.

En boa parte do Estado predominarán ceos pouco nubrados con intervalos de nubes altas. Con todo, espéranse intervalos nubrados aumentando a nubrado no norte da Galiza e Cantábrico, con probabilidade de choivas débiles dispersas, máis probables no litoral cantábrico occidental.