A vindeira semana, 'Fariña' en galego

Foto coa que Xerais anunciou a distribución de 'Fariña' en galego.

Edicións Xerais vén de anuncira nas redes sociais que, a partir da vindeira semana, estará dispoñíbel a tradución ao galego de Fariña (2016).
 

A edición estaba practicamente ultimada cando unha xuíz retirou das librarías a versión española da obra de Nacho Carretero que relata a transformación do contrabando de tabaco en tráfico de cocaína na costa galega. Xerais paralizou a distribución da obra.

 

Esta mañá, despois de se saber que a Audiencia Provincial de Madrid levantaba o secuestro, a editorial viguesa anunciaba a inminente saída de Fariña en galego. En concreto, estará nas librarías a partir da vindeira semana.