"Ás doce da mañá estaba todo vendido". Vilalba celebra o éxito da Feira do Capón

A Feira do Capón de Vilalba foi un éxito segundo a rexedora do municipio, Elba Veleiro (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, celebrou esta quinta feira o "éxito" que foi a Feira do Capón da localidade chairega esta pasada cuarta feira.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, celebrou esta quinta feira o "éxito" que foi a Feira do Capón da localidade chairega esta pasada cuarta feira.

De acordo coa rexedora vilalbesa, de venda directa, estimou que se comercializaron "perto de trescentos capóns, aínda que había máis censados pero deriváronse con días de antelación para negocios de restauración da Galiza e de fóra da Galiza".

En canto aos prezos sinalou que oscilaron "entre os 110 e os 120 euros, aínda que algún exemplar chegouse a pagar por enriba destes valores".

Un prezo máis elevado que o pasado ano, en que a media se situaba en 100 euros o capón.

"Puidéronse vender máis"

Ademais destes trescentos vendidos, Veleiro considera que se puideron "vender outros tantos que xa estaban comprometidos", mesmo desde o pasado ano e que "van para locais de restauración".

Unha cuestión na que fixo especial fincapé é no éxito desta edición, na que "non houbo restricións".

A alcaldesa de Vilalba insistiu en que a edición da Feira do Capón este ano "foi moi ben", "tan ben" que ás doce da mañá xa estaban vendidos todos os exemplares".

"Transmítennos os criadores que se houbese máis capóns, máis se venderían", concluíu Veleiro.