VÍDEO NO INTERIOR

Persoal da CRTVG recibe Sánchez Izquierdo ao berro de "dimisión" á súa chegada ao Parlamento

Axentes da Policía separan o persoal da CRTVG do coche no cal se encontraba Sánchez Izquierdo (Foto: Nós Diario).
Sánchez Izquierdo enfróntase esta cuarta feira a unha comisión parlamentaria para tratar as represalias contra o persoal da corporación que decidiu acudir á folga convocada polo Comité Intercentros.

Persoal da CRTVG levou a cabo unha nova protesta nas inmediacións do Parlamento galego que, nesta ocasión, coincidiu coa chegada do director xeral do ente público, Alfonso Sanchez Izquierdo.

Sánchez Izquierdo enfróntase esta cuarta feira a unha comisión parlamentaria para tratar as represalias contra o persoal da corporación que decidiu acudir á folga convocada polo Comité Intercentros.

A oposición na Cámara galega tamén preguntou ao director xeral da CRTVG acerca do tratamento informativo do caso de Manuel Baltar que foi ‘cazado’ dúas veces no mesmo traxecto por exceso de velocidade mentres conducía un coche oficia da Deputación de Ourense.

Para alén diso, tamén se tratou as peticións de dimisión do propio Sánchez Izquierdo que BNG e PSdeG veñen pedindo desde hai tempo.

Protesta

Entre as consignas que se ouviron na protesta estaban 'Non á manipulación' ou 'Sánchez Izquierdo dimisión'.

O pasado mes de abril, persoal da CRTVG tamén protestaba ante o Parlamento da Galiza baixo o lema ‘Non máis abusos’.

Durante aquela concentración puidéronse ouvir consignas como "Xubilación total para o director xeral" ou "Izquierdo vaite xa, da CRTVG".