28-M

VÍDEO | Persoal da CRTVG irrompe no acto de inicio de campaña do PP

Persoal da CRTVG protesta durante o inicio de campaña do PP (Foto: captura).
No acto de inicio de campaña dos populares, Alfonso Rueda, presidente da Xunta da Galiza encontrábase apoiando o candidato do PP á Alcaldía da capital galega, Borja Verea.

Comezou a campaña electoral en todo o país de cara a unha eleccións municipais que culminarán o 28 de maio coa votación nos colexios electorais.

Con todo, o inicio de campaña non foi igual para o todos os partidos. Sen dúbida, o PP da Galiza viviu momentos de tensión na comezo da campaña en Compostela.

No acto de inicio de campaña dos populares, Alfonso Rueda, presidente da Xunta da Galiza encontrábase apoiando o candidato do PP á Alcaldía da capital galega, Borja Verea.

Consignas

Durante o acto, un grupo de traballadores da CRTVG irrompeu no acto cunha pancarta e baixo consignas en defensa da pluralidade no ente público.

“CRTVG pública e plural” ou “Rueda, escoita, estamos en loita” eran algunhas das consignas que este grupo de persoal berrou durante o decorrer do acto.