[Vídeo] 21 pacientes graves en padiolas e cadeiras de rodas nos corredores de Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios  denuncia “maltrato asistencial”. Afirma que un paciente permaneceu mais de cinco horas nos corredores de acceso, xunto con outras decenas de pacientes, a pesares de ter asignado pola triaxe a cor amarela, que fixa unha demora máxima de atención urxente dunha hora.

chus
Corredores de Urxencias do CHUS este 26 de febreiro. (Foto: Asociación Pacientes e Usuarios do CHUS)
Comentarios