Fernando Abilleira, enxeñeiro de orixe galega na NASA

"Unha viaxe tripulada a Marte? Cando a especie humana se plantexa unha meta, todo é posíbel"

O pequeno paso de Neil Amstrong sobre a superficie lunar agarda por unha secuela en Marte. Unha formidábel empresa científico-tecnolóxica está en marcha para a tornar realidade. Nas pesquisas previas traballa o enxeñeiro de orixe galega Fernando Abilleira, responsábel de operacións de voo da misión Insight, unha das oito que se viron coroadas con éxito desde os tempos da rivalidade entre os EUA e a URSS. Insight xa está a enviar información desde Marte e algúns primeiros dados evocan o mítico retrouso Houston temos un problema.
Francisco Abilleira, enxeñeiro da NASA de orixe galega
photo_camera Fernando Abilleira, no interior das instalacións do Jet Propulsion Laboratory en Pasadena (California)
Comentarios