Viaxamos moito os galegos e galegas? Isto é o que din os datos

Unha maleta nun aeroporto (Foto: Nós Diario)

Os galegos e galegas realizaron 9,8 millóns de viaxes en 2023 e gastaron 4,3% máis, con medias de 58 euros ao día

Os galegos e galegas  realizaron en 2023 un total de 9,8 millóns de viaxes e gastaron 4,3% máis, cunha media de 58 euros ao día, segúndo os últimos datos da Enquisa de Turismo de Residentes (Familitur) publicada esta terza feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

O pasado ano, os residentes na Galiza viaxaron 5,3% máis que en 2022 e levaron a cabo 43.579.954 pernoctacións, 5,4% máis. Así, o gasto global incrementouse en 2023 un 4,3% até 2.545,7 millóns de euros.

Deste modo, os galegos gastaron por persoa unha media de 259 euros en cada viaxe, o que representa 58 euros de desembolso por día.

Os datos publicados polo INE esta terza feira tamén recollen as cifras do último trimestre, no que aumentaron as viaxes un 4,9% até pasar a barreira dos 2 millóns (2.033.529 en total).

As pernoctaciones incrementáronse un 4,7% até alcanzar as 6.669.064 e a duración media das viaxes situouse en 3,3 días.

Os residentes no Estado realizaron o pasado ano 2023 un total de 185,9 millóns de viaxes, o que supuxo un aumento de 8,5% respecto ao ano anterior, segundo este mesmo estudo. O gasto total asociado ascendeu 16,8%, até 58.750 millóns de euros.

Segundo os datos o Instituto Nacional de Estatística (INE) en 2023 as viaxes dentro do Estado aumentaron 7,3% mentres que os realizados ao estranxeiro creceron un 19,6%.