O colexio concertado de Verín que usa o transporte público aduce "igualdade de dereitos" co alumnado da pública

A dirección do centro púxose en contacto con 'Nós Diario' para dar a súa versión a respecto dos feitos expostos pola CIG-Ensino, que falaba dun "trato de favor" a esta escola concertada que, pola contra, afirma que o uso deste servizo non supón "prexuízo ningún" para a pública porque "quedaban prazas vacantes".
Crianzas baixando do transporte escolar en Nadela, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera A Xunta defende o uso do transporte público por parte de centros de ensino privados concertados (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios