A veciñanza de Corcoesto protestan a cabalo contra a mina de ouro

Protesta a cabalo contra a mina de Corcoesto

Medio cento de cabaleiros, ataviados con camisetas e carteis de protesta, percorreron o traxecto entre Cereo e Corcoesto, pasando por Baralláns, o lugar onde planean instalar a balsa de resíduos de lixiviación. 

Novo acto de protesta das e dos veciños de Cereo, Valenza e Corcoesto contra a mina de ouro. Esta última reivindicación é unha mostra máis do rexeitamento da poboación ao proxecto da empresa canadense Edgewater. Temen a destrución de ata 700 hectáreas dos seus montes, ademais das consecuencias tóxicas da mina a ceo aberto.

Medio cento de cabaleiros, ataviados con camisetas e carteis de protesta, percorreron o traxecto entre Cereo e Corcoesto, pasando por Baralláns, o lugar onde planean instalar a balsa de residuos de lixiviación. Máis de dúas horas de ruta a cabalo que remataron cunha xuntanza de todas e todos os veciños das parroquias que se verían afectadas pola mina.

A organizadora de esta e outras manifestacións, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergatiños, asegura que o seu obxectivo é sensibilizar dos múltiples efectos negativos que tería o proxecto mineiro na calidade de vida da poboación.

Tamén unha reivindicación da súa terra, da súa paisaxe e riqueza natural. Recordan que perderían a agua da que se abastecen de xeito gratuíto as parroquias, como recoñeceu a propia Edgewater no proxecto que presentou á Xunta.