Sexta vítima do coronavirus na Galiza, que xa suma 567 casos

(Europa Press)

Tiña 89 anos, era veciño de Chantada e múltiples patoloxías previas. Recibira recentemente unha visita dunha achegada de Madrid, que deu positivo ao virus tamén.

Un home de 89 anos de idade, veciño de CHantada, que estaba ingresado no Hospital de Monforte é a sexta vítima mortal con coronavirus que rexistra na Galiza. Recibira recentemente unha visita dunha achegada de Madrid, que deu positivo ao virus tamén.

Segundo informaron as autoridades sanitarias, este paciente presentaba múltiples patoloxías complexas previas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 567, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. Polo de agora, en Galzia rexistráronse 5 altas de pacientes e 6 falecementos. 

José Luis Paz Pena, ex secretario de CCOO na comarca da Coruña foi quinta vítima na Galiza a causa do coronavirus. Estaba ingresado na UCI do Complexo hospitalario da Coruña e tiña patoloxías previas. Foi presidente do comité de empresa de Aluminios de Galiza, que posteriormente sería Alcoa.