Deberá entrar en prisión nun prazo de 5 días

Urdangarin podería optar a un réxime de semiliberdade aos 2 meses de entrar en prisión

Optaría ao terceiro grao. Isto implica poder saír do cárcere as fins de semana e de segunda a sexta feira se é para traballar.

Iñaki Urgangarin entrará en prisión. A sentenza do Tribunal Supremo condénao  a 5 anos e 10 meses de prisión, unha pena que implica a entrada no cárcere. Mais fontes xurídicas consultadas por El Confidencial sinalan que existe a posbilidade de que o exduque de Palma opte ao terceiro grao penitenciario, é dicir, que entraría nun réxime de semiliberdade, en apenas dous meses. 

 

Urdangarín, ademais, pode escoller unha prisión ao seu gosto para cumprir a pena. Nestes casos, o tribunal adoita conceder por volta dunha semana para o ingreso efectivo no cárcere. Unha vez en prisión pasará a un módulo de respecto, con presos de confianza e afastado das zonas máis conflitivas e problemáticas. A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Palma deu a Iñaki Urdangarin cinco días de prazo para ingresar en prisión.

 

Após de pasar dous meses en prisión, debe clasificárselle nun determinado grao. Os expertos consultados por El Confidencial apontan a que o normal nas circunstancias do cuñado de Felipe VI sería que se clasificase como segundo grao mais, de se cumprir una serie de requisitos, podería entrar en terceiro grao. Isto implica poder saír do cárcere as fins de semana e de segunda a sexta feira se é para traballar.

 

Ademais, cando cumpra unha cuarta parte da condena, Urdangarín poderá acceder a permisos penitenciarios.