O Tribunal Supremo condena Urdangarín a 5 anos e 10 meses de prisión

Urdangarín

A sentenza implicaría a entrada en prisión do exduque de Palma.

O Tribunal Supremo acordou finalmente condenar o exduque de Palma Iñaki Urdangarín, a unha pena de 5 anos e 10 meses de prisión polo ‘caso Nóos’, o que implicaría a súa entrada no cárcere. Terá que ser a Audiencia Provincial de Baleares a que execute a resolución do Supremo e convoque os condenados para lles dar un prazo de ingreso voluntario nun centro penitenciario.

 

Urdangarín vive en Suíza coa súa muller, a infanta Cristina de Borbón, á espera de coñecer que pasos dar. En decembro de 2011 o xuíz de Palma, José Castro, canda o fiscal Anticorrupción, Pedro Horrach, decidiron imputalo. Era a primeira vez que se actuaba xudicialmente contra un membro da Casa Real española.

 

O Supremo confirma case todos os extremos fixados pola Audiencia de Palma contra Urdangarín, condenándoo a 6 anos e 3 meses, dos que dous anos eran por delitos fiscais. O Alto tribunal rebaixa en 5 meses aquela resolución na que se lle condenaba por prevaricación, malversación, fraude e tráfico de influencias mais ficou en liberdade baixo fianza.

 

De por parte, a infanta Cristina terá que pagar só 137.000 euros, reducindo en 128.000 euros a responsabilidade civil da irmá de Felipe VI.