A proposta das universidades: "gradualidade", "autonomía" e importancia do "carácter presencial"

Campus Vida da USC, baleiro durante o estado de alarma (Imaxe: Arxina)

Os reitorados das tres universidades galegas elaboraron unha proposta, xa remitida á Xunta, alternativa ao borrador da Consellaría que cambiaba o modelo de universidade cara a un 'online'. 

A Xunta retirarou o polémico borrador que cambiaba o modelo da universidade pública cara a un online perate o amplo rexeitameno.  Os rreitorados das tres universidades galegas elaboraron unha proposta, xa remitida á Consellaría, e que incide na importancia da educación presencial e "a autonomía universitaria".

A causa foi que "unha vez coñecida e analizada a proposta" elaborada pola Xunta da Galiza, as universidades mostraron a súa "clara discrepancia" co documento por "supoñer un cambio radical co noso modelo universitario, ao tempo que non era respectuoso coa autonomía universitaria".

'Plan de Impulso e Consolidación das Competencias Dixitais'

Por iso, as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña están a elaborar un Plan de Impulso e Consolidación das Competencias Dixitais como apoio á Docencia Presencial no SUG para o curso 2020-2021, do que unha primeira versión xa foi remitida  á Consellaría de Educación.

Devandito plan resalta, ademais da súa autonomía, o "carácter presencial" das universidades públicas que conforman o Sistema Universitario Galego, un papel "máis activo do estudantado" -cun "maior protagonismo" da avaliación continua-, e o papel da Xunta como "promotora da cooperación" entre as propias universidades.

Faise fincapé na gradualidade na implantación. Os cambios substanciais que a incorporación dalgunhas destas medidas levan consigo e que dependen da dotación de equipamentos, de cambios normativos e organizativos, pero moi especialmente da formación das persoas responsábeis da súa aplicación nos distintos ámbitos, "requiren unha implantación gradual, que ocupará varios cursos académicos".

"Partimos do convencemento de que a incorporación de melloras no eido tecnolóxico pode e debe potenciar unha ensinanza presencial que, como quedou patente nos últimos meses, é capaz de adaptarse a un contexto excepcional temporal pero que non vai mudar, nin debe, a súa vocación de presencialidade", indican.