Cífraos en 15 millóns de euros no último ano

Unións Agrarias esixe á Xunta que asuma os danos dos xabaríns

Un xabarín. Foto: cedida.
O sindicato Unións Agrarias non quere que os gandeiros e os tecor (terreos cinexeticamente ordenados) asuman os danos causados polo xabarín. Entende que debe ser competencia da Xunta, á que reclaman reflexión e “un novo marco de relacións” coas afectados.

Segundo o responsábel de desenvolvemento rural do sindicato, Jacobo Feijoo, os xabaríns provocan tres accidentes diarios de tráfico. No último ano, explicou, catro persoas rexistraron feridas de gravidade por ataques do animal. Que, engadiu, “supón un risco moi serio dpara a chegada da peste porcina africana”.

Para Unións Agrarias, a situación tende a se agravar. Os xabaríns, asegura o sindicato, entra en cidades e espazos naturais protexidos e crea desequilibriosecolóxicos. Tamén lle preocupa ao respecto a falta de relevo xeracional dos cazadores.

O Goberno galego, entrementres, prometeu eleborar un censo da poboación do xabarín e menciona a “caza preventiva e o uso da tecnoloxía” entre as maneiras de afrontar a cuestión.