Un nixerirano denuncia no xulgado a agresión dun Policía Local da Coruña

BNG, Foro Galego de Inmigración e Asociación Sen papeis reproban a “persecución do goberno local coruñés” ao colectivo e nixerarian@s

A concelleira do BNG Avia Veira reuniuse coForo Galego de Inmigración, Miguel Fernández, e a Asociación Sen Papeis da Coruña para tratar a problemática do “asedio do Goberno municipal ao colectivo de inmigrantes que se dedican á venda ambulante”, algúns dos cales tamén estiveron presentes nesta xuntanza.

A concelleira donacionalista cualificou o Goberno municipal de “desalmado” e de “inhumano” e acusouno de “presumir de facer recaer o peso da lei sobre o colectivo de persoas que se dedican á venda ambulante, en vez de solucionar os problemas de inclusión social das persoas inmigrantes!”. “O PP está a converter un problema social nunha cuestión policial”, denunciou Avia Veira, quen lembrou que “os Servizos Sociais do Concello son os que teñen que resolver a inclusión social, non se trata de tirar de policía para perseguir e amedrentar os inmigrantes que se dedican á venda ambulante”.

Denuncia

Peter, o nixeriano que denunciou ser agredido por un policía local que ía vestido de paisanoanunciou que o axente incantoulle os panos de papel e mais os caramelos que estaba a vender perto do centro comercial Marineda City. 

Ao día seguinte, segundo o testemuño de Peter, a policía apareceu cando el se atopaba de pé, na beirarrúa de Galileo Galilei, sen vender ningún material. Foi nese momento cando, tal e como conta Peter, o mesmo axente do día anterir requisou o seu documento de identidade e a mochila que portaba e agrediuno. Despois de ser trasladado á comisaría da policía nacional, Peter acudiu ao Punto de Atención Continuada (PAC) da Casa do Mar para ser atendido das doenzas provocadas pola agresión. De feito, conta cun parte de lesións que será achegado cando formule a pertinente denuncia contra o axente da policía local que o golpeou.