Un home que agrediu sexualmente unha menor líbrase da prisión tras pactar coa Fiscalía

Imaxe de arquivo dun xuízo na Audiencia pontevedresa. (Foto: Europa Press).
O xuízo estaba sinalado para esta quinta feira na sección segunda da Audiencia de Pontevedra pero non chegou ter lugar ao alcanzar as partes un acordo de conformidade que evitou a vista oral.

Un home pactou unha pena de dous anos de cárcere por agredir sexualmente no ano 2010 dunha menor de 16 anos en Pontevedra.

O acordo subscrito implica o non ingreso en prisión condicionado a que o condenado continúe coa súa asistencia a un curso de educación sexual.

O xuízo estaba sinalado para esta quinta feira na sección segunda da Audiencia de Pontevedra pero non chegou ter lugar ao alcanzar as partes un acordo de conformidade que evitou a vista oral.

En todo caso, a Fiscalía pedira que o xuízo decorrese a porta fechada para protexer a intimidade da vítima, menor de 16 anos cando ocorreron os feitos.

Inicialmente, o Ministerio Público pedía oito anos de cárcere e un período de afastamento de nove anos da súa vítima, unha vez concluída a pena de prisión. Do mesmo modo, solicitaba liberdade vixiada durante eses nove anos e que se lle impedise realizar traballos relacionados con menores.

A negociación

Con todo, á hora de negociar este acordo foron tidas en conta “varias circunstancias atenuantes” así como o feito de que o procesado “xa pagou unha indemnización para a vítima de 25.000 euros polo prexuízo moral causado”.

Ademais, acordouse a suspensión da pena de dous anos de prisión condicionada a que o condenado siga un curso de educación sexual.

O tribunal ditará sentenza nos mesmos termos que se acordou e esta será firme sen que caiba posibilidade de recurso contra ela.