Ulloa Viva mobilízase co pobo portugués: "Altri é unha das causantes do recorrente problema de incendios que hai en Portugal"

O presidente de Ulloa Viva, Juan Pedro Sánchez, estivo en Lousã, no Distrito de Coimbra, desde onde alertou pola experiencia lusa que "Galiza vai camiño da eucaliptización e a depredación con Altri-Greenalia", lembrando que a pasteira é unha das "culpábeis" dos recorrentes incendios de Portugal, "xunto con Navigator, Galp e EdP", tal e como levan anos denunciando os membros de Floresta.
Representantes de Ulloa Viva na mobilización de Lousã, en Portugal, este sábado 20 de setembro. (Foto: Ulloa Viva)
Representantes de Ulloa Viva na mobilización de Lousã, en Portugal, este sábado 20 de setembro. (Foto: Ulloa Viva)
Comentarios