A UE subvenciona anualmente con 130 millóns de euros ás touradas

Ana Miranda, Ruben Pérez e Lydia Seoane.

O BNG demanda na Eurocámara a supresión desas axudas ao entramado taurino. Unha cifra que qeuival aos fondos da PAC para o agro galego.  Ana Miranda reuniuse con representantes de 'Galiza mellor sen touradas'.

O BNG demanda na Eurocámara a supresión das subvencións que a Unión Europea concede ao entramado taurino "e que ascenden a un total de 130 millóns de euros ao ano, tendo en conta as axudas que reciben os criadores de touros de lidia". O importe desta subvención, safirman desde a fronte nacionalista, equivale ás axudas anuais que lle chegan ao agro gandeiro a través da Política Agraria Común (PAC)

Os datos, facilitados pola Plataforma Galiza mellor sen touradas no encontro que o seus portavoces, Ruben Pérez e Lydia Seoane, mantiveron coa secretaria de Política Internacional e candidata do BNG ás eleccións europeas, Ana Miranda, quen avanzou que a formación nacionalista defenderá na Eurocámara, como fixo na presente lexislatura, a supresión da axudas ás touradas.

“Non é admisible que con recursos de todos e de todas se financien espectáculos que, apelando a unha suposta tradición, teñen como obxecto o maltrato e o sufrimento dos animais”, salienta Miranda.

A Plataforma Galiza sen touradas, da que forma parte a asociación animalista Libera e a Fondation Franz Weber, traballa decididamente en contra do maltrato animal. Segundo recollen no seu manifesto Por unha Europa que defenda aos animais, e preciso “impulsar unha directiva comunitaria que impida todo uso de animais en espectáculos itinerantes ou como reclamo de actividades de ocio”.