A UDC reclama Medicina ante a aposta da Xunta pola privatización do ensino universitario

A reunión entre os reitores das tres universidades públicas e os conselleiros de Educación e Sanidade rematou sen un achegamento de posturas. Mentres a Universidade da Coruña reclama os estudos de Medicina, a Universidade de Santiago de Compostela, a de Vigo e a Xunta da Galiza apostan por manter o actual mapa de titulacións. Neste contexto, o centro privado promovido por Abanca avanza na súa idea de incorporar á oferta o grao de Enfermaría no curso 2026/2027.

20250529_Sanidade_Educacion_Docencia-1
Reunión do Consello de Docencia Clínica onte en Compostela. (Foto:Arxina)
Comentarios