O TSXG rexeita a petición da Xunta e non autoriza a obriga de pedir o certificado Covid na hostalaría

O TSXG invalidou nesta quinta feira a exixencia do certificado Covid na hostalaría porque o Goberno galego non o solicitara (Foto: Úrsula Prego).
O Goberno galego advertira esta sexta feira que unha decisión así implicaría reducir cabida na hostalaría e peche de interior nos locais de maior incidencia da Covid.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) denegou a petición da Xunta e rexeitou finalmente a solicitude de autorización xudicial presentada polo Goberno galego para poder esixir o certificado covid para acceder a locais de hostalaría nos municipios con niveis alto e máximo de incidencia.

O tribunal notificou na mañá deste sábado a parte dispositiva dun auto cuxo contido íntegro, sinala o TSXG, darase a coñecer nos próximos días.

A decisión é unha nova labazada para o Goberno de Núñez Feixoo. O Executivo galego ratificaba esta sexta feira nas resolucións do Diario Oficial de Galiza que a hostalaría e o lecer nocturno estarían exentos polo momento de pedir o certificado Covid despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) decretase que non ten vixencia ao non ser solicitada autorización xudicial previa.

Fontes da Xunta trasladaron esta sexta a Europa  Press que hai un plan ' b' a través dunha orde de medidas específicas que a terza feira haberá un axuste de  capacidade na hostalaría e mesmo o peche de establecementos nos municipios cun nivel máis elevado de incidencia do virus.