O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun aparcadoiro en Peinador

(Foto: Europa Press)

A sentenza, que naceu dunha denuncia interposta pola Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca), volve rexeitar os argumentos dos comuneiros, como xa fixo o xulgado vigués, e imponlle o pago das costas do proceso aos comuneiros.

 

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun aparcadoiro en Peinador.

A sentenza, que naceu dunha denuncia interposta pola Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca), volve rexeitar os argumentos dos comuneiros, como xa fixo o xulgado vigués, e imponlle o pago das costas do proceso aos comuneiros.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ratificou a resolución do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, que á súa vez desestimaba o recurso interposto pola Comunidade de Montes en Man Común de Santa Mariña de Cabral contra unha resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en 2022, que obrigou a devolver ao seu estado orixinal un terreo de 5.400 metros cadrados no que se realizaron obras de acondicionamento para alugalo como aparcamento nas inmediacións do aeroporto de Peinador.

A sentenza, que naceu dunha denuncia interposta pola Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca), volve rexeitar os argumentos dos comuneiros, como xa fixo o xulgado vigués, e imponlle o pago das costas do proceso aos comuneiros.

Con todo, a resolución non é firme, xa que contra ela pode interporse recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

En concreto, a parcela motivo da controversia está situada á beira das instalacións da Inspección Técnica de Vehículos e do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) e nela realizáronse traballos para achandala e crear unha zona de aparcadoiro ao aire libre.

O xuíz do Contencioso-Administrativo entendeu no seu día que estes movementos de terra alteraron a rasante do terreo, unha "acción prohibida", e incidiu tamén en que o aparcamento para automóbiles non era unha actividade mercantil que gardase relación directa coa explotación racional dos recursos naturais, como exixe a lexislación para as comunidades de montes.

A resolución lembraba que a Comunidade de Montes tampouco xustificou as obras cun suposto carácter temporal en función do seu uso e tamén matizaba que esa temporalidade era "incompatible" coa execución dunha obra de explanación da envergadura que se fixo, nin coa subscrición dun contrato de arrendamento para explotar o aparcadoiro.

"O uso proxectado estaba prohibido", concluía a sentenza, que foi confirmada polo TSXG.