Un total de 34.222 sancións na Galiza por incumprir o estado de alarma

Control da Gardia Civil en Ourense con motivo do estado de alarma. Control de la Guardia Civil en la provincia de Ourense con motivo del estado de alarma. (Foto de ARCHIVO) 23/3/2020

O número de persoas detidas é de 224.

A Delegación do Goberno na Galiza iniciou a tramitación de sancións propostas por incumprir as normas establecidas no marco do estado de alarma, segundo confirmaron a Europa Press fontes deste organismo.

Até a data, segundo os últimos datos achegados pola Delegación do Goberno na Galiza, propuxéronse un total de 34.222 sancións. Mentres, o número de detidos por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado elevouse a un total de 224.

En abril, o Ministerio do Interior dirixiu unha comunicación ás Delegacións do Goberno para orientar e graduar a incoación de sancións a partir das actas que se están tramitando por incumprir o confinamento, con multas que oscilan entre os 601 euros e os 10.400 euros en aplicación da coñecida como 'lei mordaza'.