Todas as chaves do curso escolar, que comezará o 9 e o 15 de setembro

As aulas presenciais, a máscara e a distancia seguirán sendo cuestións chave o vindeiro curso. (Foto: Eduardo Sanz / Europa Press).

O curso escolar 2021-2022 empezará o 9 de setembro para educación infantil, primaria e especial, mentres que para educación secundaria, bacharelato e formación profesional as actividades electivas iniciaranse o 15 de setembro.

En ambos os casos, o curso finalizarán o 22 de xuño. Unha das principais novidades é que a adaptación para os escolares que se incorporan por primeira vez a infantil non irá "máis aló do 21 de setembro”. O pasado curso, debido á situación da pandemia, prolongouse máis tempo este período.

O curso arrincará tras os exames de recuperación de setembro, pero isto cambia no curso 2021-2022, de maneira que hai novidades. Así, a convocatoria extraordinaria de exames para o curso que empeza en setembro será xa en xuño, unha reivindicación da comunidade docente.

No caso do segundo caso de bacharelato, as clases finalizarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Terán consideración de días lectivos os dedicados á realización de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria. Nos ensinos de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2021 e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación estabelecidas para cada unha delas.

Vacacións escolares

Doutra banda, os períodos de vacacións escolares serán os seguintes: desde o 22 de decembro ao 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive, polo Nadal; os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo, por Entroido; desde o 11 ao 18 de abril, ambos inclusive, por Semana Santa.

Ademais, serán días non lectivos as festas de ámbito estatal, e os declarados pola Consellaría de Emprego e Igualdade da Xunta. A isto hai que sumar que os consellos escolares, os consellos sociais ou os responsábeis dos centros poden solicitar festas laborais se un ou dous dos festivos locais non coinciden con días de clase. Estes deberán estar previstos na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica.

Esta petición deberá realizarse antes do 22 de outubro de 2021 ante a xefatura territorial da Consellaría de Educación, que será a que resolva tras o informe preceptivo. Neste punto, sinala que "é recomendábel que os centros da mesma localidade elixan, de ser o caso, os mesmos días non lectivos, para o que se buscará o consenso entre todos os centros".

A todo o anterior, a Consellaría de Educación engade que se estabelece o Día do Ensino, coa consideración de non lectivo a efectos académicos, o 11 de outubro de 2021.

Os comedores escolares funcionarán desde o 9 de setembro de 2021 até o 22 de xuño, coincidindo con todo o período lectivo do curso escolar.

Conmemoracións

Ao longo do curso, celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

  • 20 de novembro de 2021, Día Universal da Infancia;
  • 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
  • Do 30 de novembro ao 7 de decembro, Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia
  • 3 de decembro de 2021, Día Internacional das Persoas con Discapacidade
  • 10 de decembro, Día Internacional Universal dos Dereitos Humanos
  • 24 de xaneiro de 2022, Día Internacional da Educación
  • 30 de xaneiro, Día Escolar da non Violencia e da Paz
  • 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro
  • 8 de marzo, Día Internacional da Muller
  • 15 de marzo, Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
  • Do 7 ao 11 de marzo, Semana da Prensa (un destes días traballarase con xornais nas aulas)
  • 7 de abril, Día Internacional da Saúde
  • Entre o 18 e o 22 de abril, Semana do Libro
  • 2 de maio, Día Internacional contra o Acoso Escolar
  • 9 de maio, Día de Europa; do 16 ao 20 de maio
  • Semana das Letras Galegas; 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente

Ademais, os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán realizar actividades específicas próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo das persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais, de acordo co artigo 26.2 da Lei 2/2014, o 14 de abril pola igualdade de trato.