Tes posta a vacina de Pfizer? A farmacéutica solicitará a autorización para unha terceira picada

Fármaco de Pfizer (Foto: Europa Press)
As empresas Pfizer- BioNTech anunciaron que planean solicitar a autorización da Administración de Medicamentos e Alimentos dos Estados Unidos (FDA, polas súas siglas en inglés) para a administración dunha terceira dose da súa vacina contra a Covif-19, co obxectivo de brindar "unha protección aínda maior".

Nun comunicado, Pfizer-BioNTech explicaron que existen "datos alentadores" que publicarán nas próximas semanas sobre a dose de reforzo xa que proporciona niveis de anticorpos neutralizantes de cinco a dez veces máis altos cando se administra seis meses despois da segunda dose.

"Con base na totalidade dos datos até a data, Pfizer- BioNTech considerou que unha terceira dose pode ser beneficiosa dentro dos 6 a 12 meses posteriores á segunda dose para manter os niveis máis altos de protección", dixeron.

Así mesmo, o laboratorio Pfizer tamén informou de que está en fase de preparación dos ensaios clínicos unha vacina modificada dirixida especificamente á variante Delta, aínda que especificou que considera que unha terceira dose da vacina orixinal sería un mellor antídoto contra a enfermidade e esta variante.

Despois da declaración, as autoridades sanitarias dos Estados Unidos emitiron un comunicado conxunto no cal incidiron en que "os estadounidenses que foron completamente vacinados non necesitan unha vacina de reforzo neste momento".

"As autoridades sanitarias -a FDA, os Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades de Estados Unidos (CDC, polas súas siglas en inglés) e os Institutos Nacionais de Saúde de Estados Unidos ( NIH, polas súas siglas en inglés)-, participan nun proceso rigoroso baseado na ciencia para considerar se podería ser necesario un reforzo", explicaron segundo recolle CNN.

"Continuamos revisando calquera dato novo a medida que estea dispoñíbel e manteremos informado o público. Estamos preparados para doses de reforzo a condición de que a ciencia demostre que son necesarias", engadiron.

Moderna tamén apunta a unha terceira dose

Por outra banda, o director executivo de Moderna, Stéphane Bancel, anunciou no mes de maio que ao remate do verán deberán empezar a pór ujnha terceira dose ás primeiras persoas en recibir a inicial.